Wednesday 08 de May de 2024

A Fundación Emalcsa renova padroado e aproba un orzamento dun millón de euros para os seus programas de carácter social


 

O padroado mantén o seu apoio ás persoas en risco de exclusión social con axudas a 300 familias da cidade para o pago da vivenda

A Fundación Emalcsa realizou esta tarde en María Pita un consello en que se aprobou a composición do novo padroado presidido pola alcaldesa, Inés Rey, e o orzamento da entidade para o ano 2020, recollido no seu plan de actuación, que ascende a un millón de euros para manter os seus principais programas de carácter social: A flote, Cultura Accesible e Inclusiva e Deporte Solidario e inclusivo.

O primeiro dos programas “A flote”, que recolle axudas de atención inmediata a persoas en situación ou en risco de exclusión social vinculadas principalmente á vivenda de 300 familias da cidade, inclúe unha partida de 250.000 euros para a concesión dun total de 500 axudas e outra partida de 1.000 euros que se destina a accións de apoio ao programa.

Nesta liña. o padroado segue apostando polos programas e actuacións encamiñados a garantir unha cultura acesible para todos. A través do programa Cultura accesible, destinaránse 150.000 euros á posta en marcha da IV Convocatoria Cultura accesible e Inclusiva, a un convenio coa Asociación de Amigos da Ópera de 80.000 euros para o seu programa “Lírica inclusiva” e 48.000 euros para unha nova edición do Festival das artes pola inclusión social Festi=.

Doutra banda, a Fundación Emalcsa ten entre os seus obxectivos o desenvolvemento e promoción do deporte a través do programa Promoción Deportiva e Social ao que destina un total de 250.000 euros na súa sexta convocatoria de axudas para promover a utilización do deporte como ferramenta de intervención e transformación social. A convocatoria ten como obxectivo apoiar ás organizacións deportivas na presentación de proxectos específicos dentro das súas actividades de programación anuais. Tamén inclúe axudas á promoción do deporte base e aos valores asociados co deporte.

O novo padroado quedá constituído da seguinte maneira: Presidenta: Inés Rey García

Vogais:

Eudoxia María Neira Fernández, que foi elixida vicepresidenta

Juan Ignacio Borrego Vázquez Roberto García Fernández María Teresa Gutiérrez Roselló
Esperanza Peñalosa López- Pin

María García Gómez

Silvia Cameán Calvete

Francisco Xesús Jorquera Caselas